Synopsis
Dentro das tarefas referidas ás operacións auxiliares dun almacén atópanse, en lugar preferente, as relacionadas coa recepción, colocación, mantemento e expedición de cargas.A través deste libro aprenderemos a diferenciar as funcións e características de distintos tipos de almacén, tanto en empresas industriais como do sector comercial e de servizos, e a interpretar a información e elementos básicos da documentación que se xera nestes ámbitos. Ademais, veremos cómo identificar os criterios de actuación, integración e cooperación profesional propios do operario, xunto coa relación das medidas de prevención de riscos que se deben tomar nos accidentes máis habituais.Por último, analizaremos o manexo de equipos básicos de etiquetaxe, localización e reconto, e veremos a necesidade de manter a orde e a limpeza, así como a realización das operacións de mantemento de primeiro nivel dos medios móbiles e equipamentos de traballo propios da manipulación de mercadorías. Cada capítulo complétase con actividades de autoavaliación, cuxas solucións están dispoñibles en www.paraninfo.es.Os contidos axústanse fielmente aos establecidos para o MF 1325_1 Operacións auxiliares de almacenaxe, dentro do certificado profesional COML0110 Actividades auxiliares de almacén, regulado polo RD 1522/2011, do 31 de outubro.Montserrat Fernández Ortega e María Manzanares García son profesoras de ciclos formativos.